SAGRES

Proposta socioambiental “VERÁN SAGRES © 2009”

Este verán desde Sagres,

e acorde ao noso espíritu de difusión da cultura tradicional mariñeira e dos ecosistemas mariños na comunidade pesqueira de Aguiño

querémosvos invitar a emprender “UNHA VIAXE AO MUNDO MARIÑEIRO”

participando nas seguintes ACTIVIDADES



_ Exposición Fotográfica “Mans Salgadas. 100 anos da nosa historia”

_ II Xogos “Somérxete Nun Mar Sostible”

_ II Olimpiadas Tradicionais

_ I edición “Navega cos sentidos”


E esperando que a travesía sexa do voso agrado

Boa viaxe!

A MEMORIA É UN TESOURO


A MEMORIA É UN TESOURO QUE NOS ACOMPAÑA
E QUE ÁS VECES GARDAMOS EN IMAXES

REMEXE NOS TEUS RECORDOSE DÉIXANOS FACERLLES UNHA COPIA ENTRE TODOS CONTRUIREMOS A MÁIS FERMOSA DAS HISTORIAS
A NOSA HISTORIA
A DUN POBO QUE XOGA COAS ONDAS, QUE LE O VENTO E QUE SABE DALGÚNS DOS SEGREDOS QUE AGOCHA O MAR

HISTORIAS DE HOMES E MULLERES,
DE BARCOS, DE APARELLOS QUE ENREDAN NO MAR

O MAR, SEMPRE O MAR
MAR BRAVÍO, MAR TRANQUILO

MANS SALGADAS, 100 ANOS DE HISTORIA

ASOCIACIÓN SAGRES
Quere recoller A HISTORIA DE AGUIÑO a través dun álbum fotográfico. Porque ti formas parte da historia de Aguiño, de seguro que tes algo que contar: fotos antigas que nos acheguen o pasado ata as máis recentes que nos falen do presente...FOTOGRAFÍAS
QUE FAN HISTORIA
A TÚA HISTORIA,
A NOSA HISTORIA
“AGUIÑO EN FOTOS”

participa no álbum coas túas fotos
O domingo 4 e 11 de xaneiro proxectaremos un adianto dalgunhas das fotos de Aguiño, no Salón da Confraría, das 11:30 ás 13:30 horas.
Grazas de antemán pola vosa colaboración.

PROXECTOS SAGRES